jueves, 17 de julio de 2014

Que triunfedes moito polo ano adiante :)

Cando un amigo se vai , algo morre na alma..

https://www.facebook.com/forxadordeversos

Hoxe despedímonos de dous persoas;

Miguel, unha persoa moi especial, que nos regalou belos momentos compartindo a súa sabedoría, o seu cariño, a súa paciencia e a súa dedicación.
A experiencia vivida con vostede fíxonos comprender o verdadeiro significado da unión, a solidariedade, a alegría e a confianza.

Ao longo do tempo, no noso camiño encontramos diversas persoas que son difíciles de esquecer por que deixaron unha pegada importante no noso corazón ao acompañarnos nunha etapa da nosa vida, non obstante non podemos quedarnos xunto a eles pois vivimos nun tren onde temos que baixar nalgunha estación, e despedir persoas que nos deixan morriña, pero tamén nos deixan unha parte deles que sempre estará presente para axudarnos a seguir adiante.

Grazas por este vagón de bos recordos e polo legado que deixa en cada un de nós.

De igual forma, agradecemos infinitamente cada minuto do seu tempo e a paciencia que tivo connosco, por sementar os seus coñecementos e valores, os cales permanecerán nos nosos corazóns, por iso en nome de todos os meus compañeiros, expresamos e elevamos a nosa gratitude polos seus consellos, polo seu apoio, a súa sabedoría, o seu tan peculiar sentido do humor, pero sobre todo por permitirnos coñecer a ese grande ser humano que é vostede.

Non é doado despedirse, sabemos que este non é un adeus, senón un ata logo, pois nos entusiasma saber que sempre contaremos con vostede.

GRAZAS non é suficiente para expresar o que sentimos, estas palabras son unha mestura de tristura, de felicidade e de cariño, teríanos encantado telo moito máis tempo entre nós, pero comprendemos que o seu ciclo concluíu para empezar outro con moito esmero e dedicación, só quédanos desexarlle moitos éxitos na súa vida profesional porque aquí xa Triunfou!

Iván; non teño foto túa, pero se me poño encóntroa:) un cu inquedo da informática como eu, moteiro e traballador, rimos un motón contigo e agora a clase xa non será como antes, igualmente como a Miguel vos desexamos moitos éxitos na vida porque hai persoas que o merecen e máis, unha aperta moi grande e verémonos nesa cenita que está a cocer.


3 comentarios:

  1. Alberto7/17/2014

    subscribo todo o que di o meu compañeiro Bryan aíanda que eu non o podería escribir mellor

    ResponderEliminar
  2. Anónimo7/17/2014

    Sin duda lo mismo que mis compañeros, si que has dejado una huella enorme!!!!!

    ResponderEliminar
  3. Triunfar... é ser fiel a un mesmo a pesar do mundo que outros con(des)trúen. Conservar @ nen@ que latexa no noso interior. Non render a alma; ser flor no deserto ou unha fermosa canción nun ceo aberto que tarde ou cedo será esquecido.
    Triunfar... nada ten que ver cos cartos ou recoñecementos.

    É por o honesto corazón no seguinte paso, ser libre baixo as balas e os silencios, baleirarse dun mesmo para que a luz encha os espazos, falar dende os ollos.

    Triunfar... é ese sorriso que ven aos beizos cando chega o teu nome e recordo a túa voz.

    Grazas polas vosas palabras!.

    ResponderEliminar